As palabras dunha das autoras, Zlata Filipovic, titulan este artigo sobre un libro realmente impresionante e necesario, neste día que, moitas veces de xeito rutineiro, adicamos à Paz. Voces robadas recolle unha selección dos diarios de nenos e rapaces que sufriron a guerra, desde a Primeira Guerra Mundial ata Iraq.
A biografía de Zlata é un exemplo das consecuencias da barbarie da que non somos capaces de saír. Máis de corenta guerras enchen o mundo de traxedias como as que relatan as vítimas neste libro. Nacida en Saraievo, o seu diario escrito durante a Guerra de Bosnia converteuse nun éxito de vendas, con tan só 13 anos. O diario salvou da guerra a ela e a súa familia. Coa axuda de Unicef puideron exiliarse en París. Ata puido estudar, pero como ela di: “cambiaría os meus estudos en Oxford e o recoñecemento internacional por ter tido unha infancia normal, con amigas e deberes nos colexios”. O seu encontro con Melanie Challenguer, escritora e autora da adaptación do diario de Anna Frank para a ópera ‘Annelies’, levounas a colaborar na creación de ‘Voces robadas’, editado en España por Ariel no 2007.
Durante tres anos recompilaron os diarios escritos por menores de 20 anos durante a Primeira Guerra Mundial, a II Guerra Mundial, Vietnam, a intifada palestina, a guerra dos Balcáns ou a de Iraq. Un dos obxectivos das autoras é que o libro se converta en materia de estudos nos colexios. Como di Zlata, colaboradora de Amnistía Internacional: “os nenos deben aprender a historia desde o punto de vista humano, non como algo teórico, só con datas, nomes de lugares e cifras de mortos”.
Durante tres anos recompilaron os diarios escritos por menores de 20 anos durante a Primeira Guerra Mundial, a II Guerra Mundial, Vietnam, a intifada palestina, a guerra dos Balcáns ou a de Iraq. Un dos obxectivos das autoras é que o libro se converta en materia de estudos nos colexios. Como di Zlata, colaboradora de Amnistía Internacional: “os nenos deben aprender a historia desde o punto de vista humano, non como algo teórico, só con datas, nomes de lugares e cifras de mortos”.
26 de marzo do 2003
A noite do mércores foi moito peor que a anterior. Desde as dúas ou tres da madrugada, non o sei exactamente, comezaron a escoitarse explosións que duraron ata o mediodía do xoves; todo este tempo estivemos na mesma habitación, sen saber o que estaba pasando fóra. Nun momento de calma, aínda que sabemos que a calma non é un estado permanente e que sempre precede á tormenta, saímos ao xardín a respirar un pouco de aire fresco. Os veciños dixéronnos moitas cousas. Informáronos de que a voz que ouvimos a iso da cinco ou seis da mañá era a voz dunha veciña que gritaba despois de ser alcanzada polos disparos dos francotiradores americanos. Cando a escoitamos, o meus tres irmáns querían saír para saber quen berraba, pero o Señor estábaos protexendo e non saíron. Dixéronnos que o exército norteamericano estaba ao final da nosa rúa (e a nosa casa é a derradeira da rúa) e que mataran a un dos veciños porque saíu para axudar a esa muller e saber o que nos pasara a nós. Pero os americanos non tiveron piedade porque creron que esa muller era un dos fedayeenes que andan polas rúas e calellas disfrazados con roupa negra ou de muller. Tamén nos dixeron que esa muller saíu da casa a aquela hora para pedir axuda, porque a súa casa caera enriba dela e dos seus fillos, pero os americanos disparáronlle. Logo outro home do veciñanza que tamén vive na casa de enfronte da nosa saíu para axudala e cribárono a balazos, como se fose choiva nunha noite clara. Unha bala deulle nas costas e saíulle por diante. Entón saíu á rúa un gran número de mozos da zona: a maioría deles resultaron feridos e algúns morreron. Ese día as rúas convertéronse nun lugar moi tráxico; é difícil describir esas rúas detidas na tristura, os berros e a traxedia; incluso o ceo berraba sangue ese día. É posible que despois de todo iso eu poida ser optimista ou sequera conserve a esperanza de seguir viva? A desesperación na que me atopo non é normal.
Entrada do diario de Hoda Thamir Jehad, Iraq 2003-2004, con 18-19 anos (pax. 323, 324)
No hay comentarios:
Publicar un comentario