NA NOSA BIBLIOTECA
Caderno de agosto, publicado en galego por Xerais, en 1999, é unha novela de Alice Viera, unha das autoras máis lidas no país irmán. É un libro delicioso, o diario dunha adolescente escrito durante o mes de agosto en Lisboa, no que introduce capítulos dunha novela rosa que escribe a súa nai. Gloria preséntanos a súa familia con perspicacia e humor, pero sen caer nunca no sentimentalismo.
Unha escritura áxil, amable, que nos entretén e nos achega con cariño aos personaxes que forman o universo da espelida rapaza. Un espello do mundo adulto no que ela se mira para madurar, pero é difícil sentirse identificado co comportamento dos maiores, xa que actúan coma nenos, levados pola inercia dos sentimentos máis primarios e das convencións sociais.
Máis que recomendable para lectores de todas as idades que queren pasar un tempo de sorrisos intelixentes xuntos a uns personaxes entrañables, aos que non podemos terlle máis que simpatía. Queredes asubiar?

A pesar de ser pesados, aburridos, molestos coas notas, os pais fan moita falta nunha casa. A pesar das idas ao Chalé Menezes, a pesar dos asubíos e dos amores, a pesar de Dª María II e de Mónica e de Alfredo Enrique, non me vexo eu moi ben lonxe da miña nai [...]. E non foi fácil habituarme á idea de non recibir o bico do meu pai pola noite, antes de durmirme (...).
A min aínda me custaba entender que había de malo no feito de que a miña nai, maior e vacinada, divorciada e nai de fillos crecidos, conseguise un noivo... (...)
Heladio
No hay comentarios:
Publicar un comentario