sábado, 12 de febrero de 2011

Bone, de Jeff Smith



NA NOSA BIBLIOTECA
Bone é un cómic de aventuras fantástiscas cheas de humor. Protagonizado por tres curmáns da raza do ‘bone’: Fone (cariñoso e sensato); Phone (un trasno que só pensa en gañar diñeiro fácil) e Smiley (un personaxe entrañable e surrealista). Os tres foron expulsados da súa comunidade por culpa dos trapicheos de Phoney, e van parar a un val cheo de humanos, animais que falan e dragóns misteriosos. As ‘mostrorratas’, unha raza terrible e bruta, ameazan aos bones, pero contan coa axuda dunha particular avoa e da súa fermosa neta, da que Fone está perdidamente namorado.
Os nove tomos da serie publicados por Astiberri, comezada a publicar por Jeff Smith en 1991 en EE UU obtendo numerosos e prestixiosos premios, relatan as fabulosas e épicas aventuras que viven os curmáns, ao tempo que descubren os moitos secretos que agocha o val.
Na Biblioteca temos os dous primeiros tomos, agardando que alguén máis se enganche para seguir a serie. Eu lin o segundo e encantoume, divertido, suxerente e fermoso, é unha banda deseñada que todo o mundo pode desfrutar, pequenos e maiores. Un debuxo e unhas cores claros, limpos refrescantes, e unha historia brillante, chea de diálogos intelixentes. Xenial!
Aquí podes descargar o primeiro capítulo:


Xbox 360 | PlayStation 3 | Nintendo Wii | PC Games                                 

No hay comentarios: