NA NOSA BIBLIOTECA Este foi un dos libros que lin este Nadal, atraído polas boas críticas e, porque non recoñecelo, polo rechamante do título e a portada. É a cuarta novela do escritor, aínda novo, Diego Ameixeiras, que hoxe está acadando gran éxito con Asasinato no Consello Nacional, publicada tamén en Xerais no 2010. Dime algo sucio viu a luz no 2009, é unha novela con intriga, sórdida, pero sobre todo é unha novela realista e sucia, claro. Situada na cidade de Ourense (Oregón) cóntanos varias historias que, ás veces, se cruzan protagonizada por persoas aparentemente vulgares. Pero todas elas, ao igual que a propia cidade, ferven no seu interior, buscando saír da rutina, buscando algo de emoción, de vida (mala). Fácil de ler, en capítulos de dúas páxinas, pero sen concesións. Chega a provocar certo malestar ante a dureza (real, claro) do que nos conta e o estilo directo, sen floreos. Fragmentos dunha realidade que custa asumir pero que atopamos case que todos os días nos xornais. Soprendinme a min mesmo póndelle cara aos personaxes mentres paseaba pola cidade das Burgas, pouco despois de rematar a novela. Isto é o que hai, parece dicirnos o autor. E o que hai non é divertido, nin puro. É ferinte e sucio. Os lectores maiores, afeitos xa a un mundo no que non todo é branco ou negro, á fascinación da vida real, gozarán seguindo a desacougante e crúa peripecia desta galería destes personaxes, e non poderán parar ata o final... da novela. «Cando a avoa Asunción xa está metida na cama e consegue conciliar o sono, os pais de Laura tardan pouco en quedar durmidos diante da televisión. Ao pai péchanselle os ollos cos auriculares nas orellas (...) A nai sempre acaba arrimando a cabeza no seu ombro, querería saber en que queda ese esperpéntico careo entre as ex amantes dun coñecido bailarín...» Heladio |
Blog da Biblioteca Rosalía de Castro do Colexio Don Aurelio de Cuntis. Información, actividades, recursos, propostas e moito máis arredor da lectura en todos os formatos
miércoles, 12 de enero de 2011
Dime algo sucio, de Diego Ameixeiras
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario