DÍA DO LIBRO, 23 DE ABRIL DO 2011
DATAS CONMEMORACIÓN: 26 DE ABRIL - 13 DE MAIO
- CREANDO LIBROS, CREANDO SOÑOS...
Nas titorías e/ou nas outras materias, elaboraremos un libro artesanal cun contido e unha estética axeitadas a cada idade.
- INFANTIL E PRIMEIRO CICLO DE PRIMARIA: Traballarase con diferentes personaxes de contos e elaborarase un libro de aula con todos os personaxes.
- 2º CICLO DE PRIMARIA: Tratarase o tema da tradición e a literatura popular (lendas, refráns, contos...), e co material recopilado farase o libro de aula.
- 3º CICLO DE PRIMARIA: Traballarase a creatividade literaria. Cada aula creará un conto orixinal ilustrado. O protagonista, preferentemente, debe ser un libro.
- ESO
- Facendo arte cos libros (Departamento de Plástica)
- Creación (titorías, Departamento de Lingua Castelá, etc.)
Os libros resultado do traballo da cada aula serán encadernados, valorándose o formato e a estética en xeral, e exporanse na entrada do Colexio. Data límite de entrega: 6 de maio do 2011.
- APRENDEMOS DOS LIBROS NA BIBLIOTECA
Desde o Equipo de Dinamización da Biblioteca elaboraremos unha serie de actividades para o alumnado destinadas a un maior coñecemento do libro e do seu mundo, a desenvolver na Biblioteca. As actividades, adaptadas ás distintas idades, poderán desenvolverse no horario que as titorías ou, se é o caso, o profesorado doutras materias, considere máis oportuno.
- RELATO ENCADENADO... EN REDE
Durante as dúas semanas da conmemoración, nos recreos, disporase dun ordenador na entrada do Colexio, para que o alumnado que previamente se teña anotado, vaia escribindo un relato encadenado. Cada alumno ou alumna só poderá escribir un deteminado número de caracteres por día.
Os relatos resultantes, se teñen unha calidade axeitada, serán publicados no blog da Biblioteca.
Escribiremos tres relatos: Infantil e 1º Ciclo de Primaria; 2º e 3º Ciclo de Primaria; ESO
- XORNADA DE PORTAS ABERTAS PARA AS NAIS E PAIS: 4 DE MAIO
- EXPOSICIÓN DE LIBROS SINGULARES E MURAIS CON INFORMACIÓN SOBRE OS LIBROS (26 DE ABRIL- 6 DE MAIO).
No hay comentarios:
Publicar un comentario