jueves, 3 de marzo de 2011

Yakari, de Job e Derib


NA NOSA BIBLIOTECA
Yakari é unha banda deseñada franco-belga escrita e debuxada por Job e Derib. Foi traducida a máis de 17 idiomas e mesmo ten unha serie de televisión. Comezou a publicarse en 1973, publicando case que un álbum anual ata o 2008.
Yakari é un neno síux que vive nas praderías de Norteamérica no século XIX. A súa gran facultade é que pode falar e entender aos animais. Os seus mellores amigos son o seu cabalo Hijo del Trueno e unha nena da tribo, Arco iris. Tamén ten unha aguia que o protexe, Gran Aguila.
É un cómic perfecto para os máis pequenos lectores, pero tamén moi entretido para calquera. Cheo de aventuras e diversión, cun debuxo limpo e unhas cores cálidas, ensina tamén a respectar e coidar o medio ambiente. Encantador!!!

No hay comentarios: