NA NOSA BIBLIOTECA |
Na clase de Cultura Clásica limos a adaptación da Ilíada e da Odisea, de Homero, realizada por Marcia Williams e editada pola editorial Acanto. Esta banda deseñada é todo un clásico, case tanto coma o orixinal, para todas as idades. Os debuxos son magníficos, cheos de detalles simpáticos, e o texto é cercano, irónico e divertido. Lévanos de Troya a Ítaca nunha viaxe chea de color, aventuras e sonrisos. Ista é a opinión dos lectores: Pois o cómic estivo moi ben. As imaxes son moi boas e non fai falta ler a letra para enteirarse sobre a Ilíada e a Odisea. (Tania) Foi divertido porque contaba a historia das dúas lendas pero dunha forma orixinal e fácil de entender. (Pablo) Foi moi interesante lelo porque aprendes a historia da Odisea e da Iliada dunha maneira divertida (Iago) O cómic estivo moi ben porque asi podemos saber máis cousas sobre a Iliada e a Odisea dunha forma máis graciosa. Así tamén podemos saber máis sobre esas lendas que son moi interesantes. (Rubén) O cómic resultoume entretido e ao mesmo tempo proporcionoume múltiples achegas sobre a historia dun modo divertido. (Daniel) O comic foi moi entretido, os debuxos eran de gran calidade e podíase saber case o que pasaba,xa que contaba a historia con moito detalle. (Adrián) |
Blog da Biblioteca Rosalía de Castro do Colexio Don Aurelio de Cuntis. Información, actividades, recursos, propostas e moito máis arredor da lectura en todos os formatos
jueves, 2 de diciembre de 2010
A Ilíada e a Odisea de Marcia Williams
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario