lunes, 29 de noviembre de 2010

«Arume Xogal pode ser unha ferramenta para os colexios ou bibliotecas»

M. V. Carballo/lavoz 18/11/2010


O pasado martes, coincidindo coa celebración dunha nova xornada do Outono Pondaliano, a borneirana Ana Lema Fondo presentou na Fundación Pondal o xogo Arume Xogal, unha especie de trivial en galego que a partir da semana que vén comercializará a librería Aira das letras, de Allariz (Ourense), da que Ana e o seu marido, Andrés Pastoriza Negreira, son socios.

-¿Que é Arume Xogal?
-Trátase dun xogo que crearon hai uns anos dous funcionarios de Allariz, pero quedou parado e agora decidimos sacalo á venda a través da nosa librería. É un xogo lúdico-educativo moi parecido ao trivial, pero está adaptado a Galicia e inclúe preguntas de léxico e ortografía, historia, literatura, xeografía, arte, lendas... Está pensado para maiores de 14 anos e é moi doado de xogar. Cremos que Arume Xogal pode ser unha ferramenta moi boa para os colexios, bibliotecas ou centros culturais.

-¿Son preguntas moi difíciles?
-Non, en absoluto, son preguntas adaptadas a todos os públicos, relacionadas con Galicia, pero moi doadas para todas as idades.

-¿Como se pode conseguir?
-De momento imos sacar unha tirada de 2.000 exemplares a través da libraría Aira das Letras, pero tamén pódese comprar a través do noso blog e proximamente na nosa páxina web. Estaremos encantados de mandarllo a todo o mundo que o pida.

No hay comentarios: