lunes, 9 de mayo de 2011

Lois Pereiro

XII (Prayer)

Agora pecha os ollos
e imaxina
que o que escoitas
é unha pregaria atea
dirixida a ti na escuridade
por unha voz invisible e perdida
nos templos dun amor
ritualizado.

Escoita como atravesa o silencio
ese rumor carnal desesperado
que se achega nocturno á túa existencia
contaxiando cos seus os teus desexos
e penetrando en ti vaise asentando
inaudible e fatal
nas túas entranas.

xullo, 95

poesía última de amor e enfermidade (1992-1995)
POSITIVAS, 2010

Materiais didácticos e unha completa infromación sobre o autor na páxina da Coordinadora galega de equipos de normalización e dinamización lingüística

No hay comentarios: